Estrutura circular

A característica principal da estrutura narrativa circular é que a historia empeza coa mesma acción coa que acaba. Adoita utilizarse o recurso literario da repetición, dándolle ao lector a sensación de “isto xa o lin” e deixándoo no punto de partida. Aquí, o detonante da introdución convértese en clímax e viceversa, quedando unha historia redonda que volve comezar. É un xogo de engrenaxes que van, en aparencia, ao seu aire pero que ao final encaixan dunha forma asombrosa. Este tipo de historias é máis de relato ou de películas, xa que os elementos que se repiten deben de quedar claros na atención do lector para que cando aparezan ocasionen ese «clic» de pezas encaixando na súa mente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario