A continuación uns trucos para que establezas o teu ritual de escritura.
Analiza as túas rutinas actuais
Crear unha rutina non é tan sinxelo como poida parecer. Agora mesmo, ti xa tes as túas propias rutinas e cambialas custa moito (tanto como crealas). De modo que tes que empezar por analizar as túas rutinas actuais e ver onde encaixa a que queres incorporar.
Se te levantas todos os días á mesma hora e pasas un intre vendo os informativos, podes decidir investir ese tempo en escribir e oír as noticas na radio de camiño ao traballo. Se todas as tardes axudas aos teus fillos cos deberes, podes aproveitar ese momento para escribir. Se despois de cear ves a tele un intre antes de deitarche, ese tempo estaría mellor aproveitado traballando na túa novela.
Fai un repaso por todas as túas rutinas e pensa onde pode encaixar a túa rutina de escritura.
Establece un recordatorio
O máis difícil de crear unha rutina é que, como aínda non a tes interiorizada, esquéceste dela.
Dá igual que decidises que a partir de agora vas escribir todos os días de tres a catro en lugar de durmir a xesta, o máis posible é que se che esqueza e acabes facendo o que viñas facendo ata o de agora: tombarte no sofá e quedarche durmido.
Así que establece recordatorios. Pon un aviso no teu móbil que che lembre á primeira hora que ese día, de tres a catro, vas escribir. Fai que ás tres soe a alarma do teu teléfono. E mesmo pega un post it sobre o teu coxín favorito.
Repite ata que interiorices a rutina.Instaurar unha nova rutina leva tempo. Así que repite a túa ata que forme parte natural do teu día a día.
Poida que o procedemento dos recordatorios o poidas eliminar pronto, pero se ves que tendes a esquecer a túa rutina, segue con eles.
Repite a túa rutina de escritura todos e cada un dos días. No prazo duns meses fixéchela túa.
Algúns expertos din que se tarda vinte e oito días en crear un hábito, pero en realidade ese tempo de adaptación varía en función da persoa. Se es moi disciplinado e organizado poida que tardes menos, se tendes a ser máis disperso poida que tardes máis. Dáte o tempo que necesites.
Para terminar, debes saber que unha rutina non consiste só en facer algo todos os días, consiste tamén en como fas ese algo.
Por exemplo, lavarse os dentes tras cada comida é unha rutina. Pero para un cepillado eficaz, os dentistas recomendan ter unha rutina que divida a boca en cuadrantes e dedicar a cada un deles o mesmo tempo de cepillado.
O mesmo sucede cunha rutina de escritura. Ademais de escribir todos os días de tres a catro, debes establecer un ritual que che axude a maximizar o tempo que lle dediques á escritura.
Así que che convidamos a ver este vídeo onde che damos nove consellos para crear o teu ritual de escritura. Cando o vexas estarás listo para crear unha rutina de escritura que che funcione.
Ningún comentario:
Publicar un comentario