Referente á extensión e contido dos parágrafos e da historia en xeral. Cada pasaxe dunha obra necesita un ritmo determinado que o marcan frases máis curtas e directas, ou máis longas e descritivas. Non é o mesmo escribir unha escena de acción que describir sentimentos ou ambientar unha escena, pero todo isto pódese crear da forma máis adecuada sen caer nos excesos. Normalmente, se se abusa das subordinadas sen sabelas manexar ben, o texto alóngase e o lector pérdese.
As frases concisas son as máis adecuadas para describir accións porque imprimen velocidade ao texto, pero se se abusa delas, crease unha lectura entrecortada e iso é molesto.
Parágrafos: O conto e o relato marcan un ritmo curto e áxil a través das frases; a novela, a través dos parágrafos. Dependendo do que se está a escribir, os parágrafos serán máis longos ou máis curtos. Coma se tratase dun mar en calma ou embravecido, hai que marcar a cantidade de ondada que lle chega ao lector. Deixarlle períodos de descanso nos que coller aire, pero sen que poida secarse do todo.
Tentar variar o estilo mantendo o ton da obra (alternar estilo directo e indirecto; dar un descanso cunha descrición tras unha escena de acción…)
Ningún comentario:
Publicar un comentario